Chaioso en “Grandes lugares” da TVG

O 21 de febreiro de 2018 Chaioso xunto con irixoa e Labacengos protagonista do programa “Grandes Lugares” da TVG

Presenta a Chaioso tca sona de ser o lugar máis divertido de España, así coma o máis terrorífico. Para demostralo o programa percorrerá o “camiño do pánico” creado polos seus veciños. Ademais, os habitantes de Chaioso tamén ensinarán doces e xogos tradicionais.

“Grandes Lugares é un docusoap de entretemento, de 50 minutos, que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de dúas poboacións galegas con moito para contar.

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas iniciativas orixinais, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais. Os protagonistas destes pequenos lugares, aldeas ou vilas, serán os que relaten as súas vivencias e vida social máis representativa, desde espazos que transmiten un sentimento de pertenza, de familia e de benestar no rural.

Un mapa de situación indicará ao inicio de cada programa o lugar elixido, reforzando coa súa imaxe o que podería ser a priori un lugar pequeno, e cada personaxe levará unha ficha de presentación explicando a súa relación coa contorna; así pois, os habitantes do lugar convértense en narradores para facer un retrato o máis fiel posible de cada localidade, da súa vida e da súa xente.

Chaioso en Grandes Lugares

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *